Despois de percorrer a vila no tren, pasadas as doce do mediodía deste luns 23 de decembro chegaba Papá Noel á casiña que O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) ten instalada na praza do Concello. Alí, era recibido por Mickye e Minie Mouse, así como por numerosos cativos que, acompañados polos seus pais, facían unha longa cola para fotografarse co entrañable personaxe barbudo.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.