ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Longas colas para poder acceder ao Túnel do Terror do Barcoaberto

Esta singular proposta dentro do programa do Samaín resultaba todo un éxito

 

A iniciativa do Barco Centro Comercial Aberto de organizar un “Túnel do terror” dentro da celebración do Samaín resultaba todo un éxito. Numerosas persoas agardaban ás sete e media da tarde deste sábado 28 de outubro para poder acceder ao seu primeiro pase, que tiña lugar no interior do pavillón vello do Barco. De feito as colas chegaban ata a rúa Marcelino Suárez.

 

 

A apertura deste túnel contaba coa presenza de diferentes membros da xunta directiva do CCA e da edil de Comercio do Barco, Alba Rodríguez.

 

 

O segundo pase, ao que poderá accederse sen tícket de compra pero haberá que pagar unha entrada de 5 euros, está previsto para as 21h.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button