
Natural de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) Lorena Guitián logrou en apenas un ano desfilar para algunhas das firmas de moda máis destacadas a nivel internacional.
A súa estrutura física (delgada e case 1,8 m de estatura) levouna a destacar no mundo do atletismo sendo unha nena, concretamente en salto de altura, e anos despois tras formarse como arquitecta, volve destacar, pero desta volta nas pasarelas.

Debutou con Yves Saint Lorent na Fashion Week de París hai apenas un ano e despois de desfilar para firmas como Hermès, Lacoste ou Valentino, vén de pisar o icónico Salón dos Espellos do Pazo de Versalles, desfilando para Christian Dior. Un evento case máxico, “unha experiencia inimaxinable”, di a propia Lorena, unha moza de ollos verdes que en menos dun ano pasou de traballar como arquitecta a ter sempre listas as maletas.

Malia ter desfilado nas míticas cidades da moda como París, Milán ou Madrid, asegura que pasa a maior parte do tempo en Galicia, “de tour entre O Barco, Veigamuíños, Córgomo e A Coruña”, iso si sempre “disposta a subirme nun avión no momento máis inesperado”, asegura destacando que “hai que estar preparada e disposta a aproveitar as oportunidades”.
Fotos: View Management
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.