OurenseÚltima hora

Los Secretos, un dos protagonistas musicais das Festas de Ourense 2018

O pistoletazo de saída será o sábado 23 de xuño, ás 22 horas, co pregón de Cristina Pato
Los Secretos en concerto.

A programación das Festas de Ourense 2018 “contará con máis de máis de 90 actividades pensadas para todas as idades e sensibilidades” e ofrecerá unha especial atención “a música feita made in Galicia”. Así o confirmaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación, xunto á concelleira de Cultura Belén Iglesias, do programa festivo que “dará o seu pistoletazo de saída o sábado 23 de xuño, ás 22 horas, co pregón da artista ourensá Cristina Pato”.

“Concertos, atraccións, actividades infantís, teatro de rúa, propostas gastronómicas e un intenso calendario de citas deportivas farán que cada día teñamos unha chea de opcións para escoller”, apundou o rexedor, adiantando que este ano están programados un total de 39 concertos en diversos escenarios da cidade como a Praza Maior, as prazas de San Martiño e do Ferro, a Alameda do Bispo Cesáreo e o Xardín do Posío.

Na programación haberá nomes de primeira liña como Los Secretos, Sidonie ou Rosendo, pero “a nosa aposta máis importante vai ser pola música “made in Galicia”, dixo Jesús Vázquez. O alcalde explicou que este ano se porá especial énfase “en reivindicar e dar a coñecer ós artistas galegos” a través de varios concertos  coma o espectáculo Sons da Auria a cargo dos ourensáns Silvia Alonso, Daniel Minimalia e Emilio Rúa (o 27 de xuño); e as actuacións de Xestreu e Treixadura (o 28 de xuño) e de Guadi Galego, o sábado 30 de xuño.

 

Presentación do programa das Festas de Ourense.

 

A cativada volverá a ser protagonista do teatro programado na Praza do Bispo Cesáreo. Entre o 25 e o 29 de xuño haberá actuacións en horario de mañá e de tarde.

O alcalde insistiu na aposta do Concello “pola rúa coma o mellor escenario”, a través da celebración de verbenas “coas mellores orquestras de Galicia”; a celebración da Feira Histórica (dende o 28 de xuño) e cunha nova edición da tradicional Batalla de Flores, recuperada polo actual Grupo de Goberno. Como novidade, este ano terá lugar, o sábado 30 de xuño, o espectáculo Midnight Paint Party, un evento que aposta por unha mestura da música de recoñecidos DJ’s con actividades de pintura.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, destacou que este ano a celebración da XXI Edición do “Ourense Dance”, o venres 29 de xuño ás 23 horas no Xardín do Posío.

Artigos relacionados

Back to top button