OurenseÚltima hora

Los Suaves, socios de honra do Ateneo de Ourense

O nomeamento terá lugar o 23 de febreiro ás 20h. na sede da entidade
A banda de rock ourensá, Los Suaves.
A banda de rock ourensá, Los Suaves.

A mítica banda de rock ourensá segue recollendo títulos. Desta volta será da man do Ateneo de Ourense, entidade que o vindeiro 23 de febreiro nomeará a Los Suaves, socios de honra, nun acto que terá lugar ás 20 horas na sede.

O nomeamento farase efectivo, trala decisión tomada na reunión delebrada pola directiva o 5 de novembro de 2015. Nese momento, a directiva do Ateneo de Ourense, acolléndose ao artigo 22 dos seus estatutos, no que se define á figura dos socios de honra como “aquelas persoas físicas que, pertencendo ou non á Asociación, merezan esta distinción pola súa alta categoría intelectual e cultural ou por prestar, ou estar a prestar, servizos ou axudas extraordinarias ao Ateneo”, e apoiándose no artigo 3 dos estatutos no que se definen entre os fins da sociedade “o recoñecemento e difusión de toda manifestación cultura de Galicia, e en especial de Ourense, na súa máis ampla acepción”, e sendo tamén algún do seus compoñentes socio numerario da entidade, decidiuse, conceder o rango “aos fillos predilectos, e Medalla de Ouro da cidade de Ourense, o grupo Los Suaves, pola súa dilatada traxectoria musical e por ser embaixadores culturais de Ourense levando con orgullo o nome da cidade por todo o mundo”, segundo figgura no documento asinado polo secretario do Ateneno, Marcial Manuel Perianes Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button