EconomíaEconomíaÚltima hora

Lotes de Embutidos García Marcos para celebrar a Festa da Androlla de Viana na casa

Ademais de embutidos, os lotes inclúen outros produtos tradicionais, como bica ou licor café

Publicidade
Lote 4, con embutidos, bica, viño e licor café, para 4 persoas.

 

Situada na estrada de San Agustín Nº 6, en Viana do Bolo, a empresa García Marcos leva máis de 30 anos adicada á elaboración artesanal de todo tipo de embutidos e salazóns. Xamón, lacón, botelo, pigureiro, chourizo, salchichón, lombo,… sendo a androlla o seu produto estrela e tamén a protagonista da festa gastronómica que cada Domingo Gordo, en pleno Entroido, enche o pavillón de Viana.

A Festa da Androlla cumpriría este domingo 14 de febreiro, 51 edicións, pero a pandemia de Covid-19 impedirá a súa celebración. Non se escoitarán os folións e nin o pavillón de Viana nin a carpa se encherán de xente para degustar tan exquisito manxar, pero García Marcos presentou unha iniciativa para que se poida celebrar de xeito seguro, na casa. “Como a xente non se pode desprazar pola situación sanitaria, para que  non se esqueza da festa e aínda que non se poda facer coma outros anos, poidan desfrutala dalgún xeito, decidimos facer unha serie de lotes con produtos típicos da zona”, conta Paqui García, xerente da empresa.

 

Lote 5, con embutidos, bica e licor café, para 6 persoas.

 

En total son seis os lotes propostos con diferentes prezos en función do que inclúe: 2 lotes distintos con produtos para seis persoas, 3 lotes para catro persoas e 1 para dúas persoas. “Dende 33 euros que é o básico, para dúas persoas, co embutido (2 androllas, 4 chourizos e lacón de 600 gr.) e unha bica de Panificadora Bello; ata 105 euros que é o máis caro, para seis persoas, cunha bica máis grande de Forno Larouco, o embutido (6 androllas, 10 chourizos e 1 lacón de 1,5 kg.), dúas botellas de viño e unha de licor café de Sampayolo (DO Valdeorras). E despois hainos de 55, de 66, de 73 e de 91 euros”, explica Paqui.

Os pedidos pódense facer directamente a través da páxina web (embutidosgarciamarcos.es) e tamén a través do teléfono (988 329 113) ou na propia tenda. “Poden recollelos aquí e tamén os enviamos a calquera parte”, puntualiza Paqui, asegurando que a iniciativa está tendo boa acollida.

Boa Festa da Androlla!!

 

Lote 6, con embutidos, bica, viño e licor café, para 6 persoas.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button