CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Lourdes Hervella presenta na Biblioteca de Verín o libro “La Humanidad perdida”

A escritora verinesa Lourdes Hervella vén de presentar o seu segundo libro, “La Humanidad perdida”, na tarde do 24 de agosto na Biblioteca Municipal de Verín. Tras “Proyecto Madre”, a autora verinesa entra coa súa última obra no terreo da ciencia ficción “con tintes apocalípticos”. Este libro está englobado ademais nunha triloxía.

Esta escritora, que está afincada en Cataluña, escollía a biblioteca como escenario para facer a presentación deste libro na súa vilal natal, por iso, din dende esta infraestrutura cultural, “entendemos que debiamos mostrar todo o noso apoio e ao mesmo tempo gratitude para con aqueles que están fora e lembrase da súa terra e están dispostos a vir e mostrar o seu traballo co que triunfan fora”.

Coa súa primeira obra chegou á 3ª edición, e nesta segunda (moi ambientada na comarca de Monterrei), está a colleitar xa un gran éxito e está a piques de rozar a fin da primeira edición.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button