EconomíaEconomíaÚltima hora

A lousa, un dos sete sectores que sosteñen a especialización económica nas comarcas ourensás

Así se reflexa no novo informe que vén de presentar o Observatorio Económico Ourense
Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No seu novo informe sobre especialización económica e laboral das comarcas ourensás o Observatorio Económico Ourensán acada “o máis amplo mapa de especialización económica das provincias, con datos de 13 sectores de actividade que teñen presenza nas 12 comarcas ourensás”. Así o destacaba o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto de presentación deste traballo, xunto ao profesor Andrés Mazaira, na mañá do 29 de novembro no Centro Cultural da Deputación. Ademais aludía ao peso de sectores como o primario, o público, comercio, transporte ou hostalería”, xunto coa importancia que terá, no horizonte de 2020, “á evolución do emprego tecnolóxico na provincia de Ourense”.

Entre os sete sectores que sosteñan a especialización económica e laboral das comarcas da provincia destaca a industria extractiva da lousa, que “ten protagonismo único en Valdeorras, onde move a cuarta parte do emprego”, segundo o informe. Ademais sitúase ao núcleo da industria da automoción en Ourense e Valdeorras e ao do sector madeira e mobles en Terras de celanova, Carballiño e Valdeorras. Por outra banda, indica que os índices máis elevados do sector primario están en Caldelas, Trives e A Limia.

 

Acto de presentación do novo informe do Observatorio Económico Ourensán.

Por primeira vez na análise e na interpretación estatística da provincia de Ourense, o Observatorio Económico Ourensán consegue identificar a posición e o protagonismo local que teñen trece sectores básicos da economía. Logra unha “inédita desagregación comarcal que cuadruplica os niveis de estudo habituais -un máximo de tres sectores- dos traballos académicos ou de divulgación sobre a especialización sectorial dos territorios”, segundo os seus promotores.

A primeira conclusión que extrae o Observatorio é que os trece sectores analizados (primario, industrias extractivas, industria agroalimentaria, madeira papel e mobles; metalurxia, produtos para o transporte, resto da industria, enerxía, construción, comercio, transporte e hostalaría, profesionais, administrción pública) teñen presenza en cada unha das doce comarcas ourensás, agás a industria extractiva en Terra de Caldelas e a fabricación de materiais de transporte (automoción) e grandes reparacións industriais en Terra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button