OurenseÚltima hora

“Luarada”, o filme sobre a vida de Romasanta, estrearase este ano no OUFF

Este proxecto audiovisual narra a historia do maior asasino en serie documentada en España, acontecida na Galicia rural de mediados do século XIX e formará parte dunha longametraxe sobre a figura do Lobisome

Marcos Vázquez interpreta ao lobisome Manuel Blanco Romasanta.

 

Luarada, o filme sobre a vida de Manuel Blanco Romasanta, forma parte dun proxecto que converterá esta mediametraxe nunha longametraxe, conta co apoio da Deputación de Ourense e estrearase na vindeira edición do Ourense Film Festival (OUFF).

A película, dirixida por Óscar Doviso, narra a historia do maior asasino en serie documentada en España, acontecida na Galicia rural de mediados do século XIX e ten como obxectivo achegarse á figura do coñecido Lobisome, logo dunha fonda tarefa de investigación histórica, etnográfica e psicolóxica.

 

Fotograma do filme dirixido por Óscar Doviso.

 

A historia comeza en 1845, cando Romasanta chega a Galicia procedente de Castela, e remarca a boa aceptación que tivo por parte do pobo, debido a súa colaboración e integración nas tarefas sociais e relixiosas, unha circunstancia que en pouco tempo mudará para convertese en tráxica. O equipo artístico do filme está integrado por: Marcos Vázquez, Helen Bertels, Patxi Bisquert, Héctor Martínez, Candela López, José Manuel Mao e Lucía Rodríguez. O guión é de Óscar Doviso, Ollala Moreiras e David Caride; e a produción de Óscar Doviso, José Freiría e Marcos Vázquez.

 

Presentación da curtametraxe “Luarada” con Manuel Baltar (presidente da Deputación), Oscar Doviso (director), Jose Freiria (productor), Marcos Vázquez (actor “Romasanta”) e Aurelio Gómez Villar (asesor de cultura da Deputación).

Artigos relacionados

Back to top button