CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Lucía Álvarez e José Luis Troitiña renden tributo ás poetas galegas nun recital

Poderá verse os días 8 e 9 de marzo na provincia, en concreto na Valenzá e en Taboadela

 

VERSIFICANDO A RITM-OU chega os días 8 e 9 de marzo á provincia de Ourense. Trátase dun recital creado pola actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río) e polo guitarrista José Luis Troitiña. Todos os versos deste espectáculo son de poetas galegas e, na súa maior parte, ourensás.

Ademais este recital recala na provincia cunha versión moi especial para conmemorar o 8M. Con poemas de Rosalía de Castro, Luisa Castro, María Luisa Viu, Raquel Pérez Diéguez, Ana Romaní, Yolanda López, Yolanda Castaño, Chus Pato, Montse Villar e Rochi Nóvoa.

“A nosa historia, a nosa tradición, as nosas preocupacións, desexos e anhelos, que son universais pero, por primeira vez, cóntanse en primeira persoa, dende a nosa casa, dende a escrita  maioritariamente Ourensá”, destaca Lucía Álvarez.

As citas serán o vindeiro día 8 de marzo ás 20 h na Sala Manuel María da Valenzá (Barbadás) e o día 9 de marzo no Local Social As Pereiras no concello de Taboadela. Este recital está dentro da Red de Auditorios de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button