CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Lucía Álvarez e Rosa Torres-Pardo homenaxean a Rosalía de Castro neste 24 de febreiro

 

Tal día coma hoxe, hai 184 anos nacía a gran poeta galega universal Rosalía de Castro. Con motivo desta efémeride, a pianista Rosa Torres-Pardo e a actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río) rendíanlle unha homenaxe publicando este vídeo, que recolle unha parte do seu espectáculo “A Rosalía”

En concreto neste fragmento Lucía Álvarez pon voz aos versos do poema “Pra Habana” e Rosa Torres-Pardo interpreta “Danza del viejo boyero” de Alberto Ginastera.

“A Rosalía” é un espectáculo nada convencional que xungue os versos de Rosalía de Castro e os dos poemas galegos de Federico García Lorca cunha escolma de composicións musicais de autores como Granados, Antonio Soler, Schubert ou Chopin, entre outros. Con el teñen levado os versos desta poetisa a diferentes escenarios nacionais e internacionais.

 

Artigos relacionados

Back to top button