CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Ludoteca e Campamento de verán, en Viana do Bolo

Presentación das actividades infantís de verán en Viana do Bolo./ Foto cedida.

 

Dentro do Programa de “Medidas Municipais de Conciliación”, o Concello de Viana do Bolo desenvolverá neste verán unha serie de actividades de ocio e lúdicas en horario de mañá e dirixidas aos máis pequenos. “Terán como obxectivo a diversión e o ocio dos/as participantes, pero tamén a educación e a transmisión de valores sociais importantes (a igualdade, o respecto ao medio ambiente, o traballo en equipo, compañerismo, etc.)”, sinalan dende o Concello.

Entre estas actividades están a Ludoteca e o Campamento que este ano, como novidade, terán unha maior duración no tempo e tamén un incremento no número de prazas ofertadas. Haberá ademais xogos ao aire libre, festas temáticas, xincanas, saídas á piscina, excursións, deportes, etc. O prazo de inscrición abrirase o xoves 14 de xuño.

A presentación destas propostas tiña lugar na mañá do 13 de xuño coa presenza do alcalde, Secundino Fernández, a concelleira de Cultura, Graciela Diéguez, e a directora do Centro de Información á Muller e coordinadora do Programa de Conciliación, Sara Feijoo.

 

Cartel das actividades.

Artigos relacionados

Back to top button