O Festival RiR de Allariz, que se terá lugar entre o 2 e o 6 de setembro, outorgará o premio RiR Contigo 2020 ao humorista gráfico Luis Dávila. O festival quere premiar ao pontevedrés pola súa traxectoria coas viñetas a través das publicacións de O Bicheiro “que cada día nos fan rir e que tanto nos animaron no pasado confinamento”. Dávila recollerá o galardón na gala de clausura, o vindeiro 5 de setembro.
O festival celebra este ano a súa terceira edición. Trátase dunha “cita co humor” onde haberá teatro, música, obradoiros, danza, monólgos e moi especialmente o Festival Internacional de Curtas de Comedia con filmes de diferentes partes do mundo pero sempre dentro do xénero humorístico.