PolíticaÚltima hora

Luis Menor presenta en Trives a súa candidatura á presidencia do PPdeOU

Pide un partido que "fuxa de inercias e aposte por anticiparse ás necesidades da cidadanía, coas ideas da mocidade e as achegas da experiencia”

 

O candidato á presidencia do PP de Ourense, Luis Menor, avogaba esta tarde en Trives por un partido “que fuxa das inercias a aposte pola anticipación para dar resposta ás necesidades e demandas da cidadanía, co concurso das ideas da mocidade e as achegas da experiencia”.

Nun acto na vila trivesa onde tamén se deu cita a militancia e cargos locais das comarcas de Terras de Caldelas, así como das zonas do Bolo e Vilariño de Conso, Luis Menor destacou tres das propostas que inclúe no seu programa para liderar unha nova etapa no PP ourensán e fomentar anticipación. Falou neste sentido da mocidade, afirmando que “non hai partido político que poda aspirar ao mañá se non ten en conta á xuventude. O Partido Popular, celebrou, ten unha das organizacións políticas xuvenís máis fortes, Novas Xeracións, que de continuo demanda ter máis voz no proxecto popular e ten capacidade para achegar “unha visión actual do partido e da sociedade”.

 

 

Unha das características singulares do PP, abondou, é a presenza entre os seus representantes públicos de persoas cunha longa experiencia en política. Así, formulou a creación dun Consello de Veteranos que reúna aos cargos do partido con máis traxectoria política, tanto os que estean en activo como os xa retirados, “recollendo toda esa bagaxe de experiencias e tomala en consideración á hora de facer política local, autonómica e nacional”.

 

 

Na apertura do partido á sociedade, Luis Menor mostrouse tamén partidario da posta en marcha dunha área específica de traballo sobre emigración. Ourense hai tempo que deixou de ser unha terra de emigrantes, para pasar a ser unha provincia de acollida, asegurou, “e debemos responder coa máxima axilidade a aquelas persoas que se acheguen a nós atraídas polo noso proxecto político”.

Fotos: O SIL. 

 

Artigos relacionados

Back to top button