Como a unha “prestixitadora das palabras” presentaba o Mago Martín Camiña a Luísa Villalta, poeta e música homenaxeada neste 17 de maio polas Letras Galegas no Barco. A partir das 19h. despregaba no pavillón vello da vila o seu espectáculo “Con V de Villalta” ante un público familiar que seguía con atención cada un dos trucos deste ilusionista.
Esta actuación formaba parte do programa das Letras Galegas do Barco.
Fotos: A.R.