Concellos

Lume en Quiroga e Larouco

O incendio comezaba pola tarde en Vilanuiz (Quiroga) e estímase que a superficie afectada chega xa a unhas 300 hectáreas
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

As lapas marcaban na tarde do domingo 11 de agosto na parroquia de Vilanuiz (Quiroga) e tamén da zona valdeorresa de Seadur (Larouco). O lume forestal comezaba ás 17:20 horas e a superficie afectada, segundo as primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural, superaba as 50 hectáreas.

Horas despois a Consellería do Medio Rural e do Mar declaraba o Nivel 1, como medida preventiva pola proximidade cos núcleos de poboación.

A pesar das labores de extinción, o lume continúa activo na mañá de hoxe, 12 de agosto, e Medio Rural estima que a superficie afectada polas lapas é xa dunhas 300 hectáreas dos concellos de Quiroga e Larouco.

Nos traballos de extinción deste incendio participaron ata o de agora 2 técnicos, 14 axentes forestais, 36 brigadas, 1 grumir, 19 motobombas, 2 palas, 8 helicópteros e 8 avións. Tamén se pediu colaboración á Unidade Militar de Emerxencias (UME), segundo os datos de Medio Rural.

Texto: O Sil/Redacción Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button