En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O lume toca de cheo a Amoroce (Celanova) e Quereño

Os incendios forestais afectaban de xeito importante na tarde do 21 de agosto á provincia de Ourense. A parroquia de Amoroce, no concello de Celanova, víase ameazada polo lume e a Consellería do Medio Rural activaba como medida preventiva a “Situación 2” por proximidade das chamas a este núcleo de poboación. Esta medida quedaba desactivada ás 21:13h.

O lume iniciábase ás 16:47 h. do 21 de agosto e no seu control levan traballado 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 3 helicópteros.

Por outra banda, tamén continúa activo o lume que comezaba a primeira hora da tarde na localidade valdeorresa de Quereño, no municipio de Rubiá, no que un dos vehículos de extinción se vía afectado polo lume.

Ademais, ás 19:34 h. do 21 de agosto quedaba controlado o incendio que comezaba ás 13:55 h. no concello ourensán de Montederramo, parroquia de Marrubio. Segundo as últimas estimacións, feitas públicas pola Consellería deo Medio Rural, afecta a unhas 60 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 4 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Na galería de fotos, imaxes do incendio en Celanova e do vehículo de extinción ardido en Rubiá.

Artigos relacionados

Back to top button