DeportesÚltima hora

Maceda, sede dos campionatos de España BTT

O envento, organizado polo CC Maceda e a RFEC celebrarase do 15 ao 17 de xullo co patrocinio da Deputación de Ourense
Xulio Conde, Rubén Quintas, Manuel Baltar, José Luis López Cerrón e Juan Carlos Muñiz.
Xulio Conde, Rubén Quintas, Manuel Baltar, José Luis López Cerrón e Juan Carlos Muñiz.

Maceda está de moda. Polo menos deportivamente e despois de recibir a visita de Vicente del Bosque (seleccionador nacional de fútbol ata hai uns días) e de acoller unha das etapas da Vuelta a España 2016, será tamén a sede dos campionatos de España de BTT que se celebrarán a fin de semana do 15 ao 17 de xullo.

O campionato, organizado polo Club Ciclista Maceda e a Real Federación Española de Ciclismo e que conta cunha achega de 24.000 euros por parte da Deputación de Ourense, é un evento excepcional e de máximo nivel, tendo en conta ademais que este ano é olímpico e que a modalidade que se disputa en Maceda (XCO, Cross Country Olimpic) está incluída nos vindeiros Xogos Olímpicos de Río 2016, polo que contará con ciclistas españois seleccionados para as ditas olimpíadas.

Dada a relevancia da cita, na mañá do 4 de xullo, O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinaba cos presidentes das federacións galega e española de ciclismo, Juan Carlos Muñiz e José Luis López Cerrón; co coordinador do Club Ciclista Maceda, Xulio Conde; e co alcalde da vila macedá, Rubén Quintas, o acordo de patrocinio por parte da institución provincial.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button