A vindeira fin de semana Vilariño de Conso acollerá dúas citas culturais vencelladas á tradición galega, organizados pola Asociación Música e Cultura de Galicia e o Concello, coa colaboración da Deputación de Ourense.
O sábado día 15 ás 20:30 horas, presentarase no Bar Foliada o libro ‘Os contos do avó’ de Justo Calviño Cruz, nun acto no que intervirán a alcaldesa de Vilariño, Melisa Macía, e o propio autor, contando coa actuación dun grupo da Asociación Música e Cultura de Galicia.
E xa para o domingo día 16, a partir das 16:30 horas está previsto na praza de Vilariño de Conso un Festival da Música Popular e Tradicional que contará con nove agrupacións: O Son do Vento de acordeóns e gaitas, o grupo de guitarras Cordas Bravas, Cantagalos, Macizas Centrais de Trives, Asociación Cultural Abertal da Rúa, Cuncas do Son Cantos de Taberna, Zoadeira Cantareiras, Banda de Música e Cultura de Galicia e a Banda de Gaitas de Vilariño de Conso.