CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Magín Blanco e A Banda das Apertas recalan no Mini SilFest, no Barco de Valdeorras

 

Un anos máis os nenos son uns dos protagonistas da programación do festival multicultural que se está desenvolvendo á beira do río Sil. Ata o punto de que a organización creou un festival paralelo: o Mini SilFest con diversas e numerosas actividades pensadas para os máis pequenos das casa.

Obrdoiros, xogos, mesmo catas e varias actuacións. Onte era o Mago Deimi o que achegaba os seus trucos de maxia ata o recinto do SilFest e hoxe, na tarde deste sábado 23 de xullo, tocáballe o turno a Magín Blanco e A Banda das Apertas.

O cantautor rues, acompañado por María Faltri, Jorge Juncal, Jerry Noia e Suso Rodríguez (tamén da Rúa) achegaba ao público barquense un divertido e animado espectáculo no que a súa música, especialmente a incluída nas aventuras de A nena e o grilo, conviven con outras coñecidas cancións que o público recoñece da música contemporánea, tamén en inglés, nun concerto no que facían partícipes aos máis pequenos do público. Non só coas cancións senón con personaxes que ían aparecendo ao longo da actuación como “Don Ramón”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button