OurenseÚltima hora

Magosto na praza Maior de Ourense, con castañas gratis e bolo preñado e auga ou viño a 1 euro

 

Tralos cultos na Catedral, a festa do San Martiño, unha das grandes celebracións na cidade de Ourense completábase cun variado programa para todos os públicos e idades que incluía ruada de gaiteiros e cabezudos, animación de rúa coa charanga Mekánica na zona histórica e o magosto tradicional na praza Maior con bolo preñado, auga ou viño por 1 euro e castañas gratuítas.

 

 

Pola tarde celebrábase tamén o concerto de Brañas Folk co Orfeón Treixadura e Pancho Álvarez como convidados, que eran presentados polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome; un espectáculo itinerante de “Lume”, nas rúas da zona histórica; e a ctuación de Bruxo Queiman co espectáculo Folki-Queiman, na praza Maior. E xa pola noite houbo animación de rúa coa charanga Támega pola zona histórica da cidade e baile coa orquestra Panorama, na rúa do Progreso.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button