ConcellosRubiáÚltima hora

Magosto popular e colecta para as Misións, na parroquia de Rubiá

 

Na tarde deste domingo 20 de novembro a parroquia de Rubiá recuperaba o seu magosto para as diferentes parroquias do municipio. “É algo que adoitaba facerse e quedou en suspenso coa pandemia polo que este ano o Consello Interparroquial decidía volver a facelo”, explica o párroco Daniel Pérez.

 

 

A xuntanza popular serviría tamén para facer a tradicional colecta para o Domund polo que o programa comezará cunha misa en torno ás Misións coa colecta para enviar aos países do terceiro mundo e despois, a xente xuntábase no entorno do Salón Parroquial para celebrar o magosto tradicional. Como é habitual houbo panceta, chourizos, castañas asadas e incluso unha pequena queimada, ademais de sortearse un xamón.

 

 

Todo o recadado coa venda das rifas destinarase tamén á colecta do Domund e tal como lle indicaban o fegreses ao párroco en total esta tarde reuniron 668  euros.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button