ConcellosTrivesÚltima hora

Magosto popular en Trives na tarde do sábado 11 de novembro

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na vindeira fin de semana a veciñanza de Trives poderá desfrutar do Magosto popular. A celebración está prevista para o sábado 11 de novembro na rúa San Martiño, a partir das 20 horas. Ademais das degustacións típicas destas datas, o magosto contará coa actuación do grupo Claxxon, dende as 22h. horas. Por 2,5 euros os asistentes poderán degustar castañas, bocadillos e viño da Ribeira Sacra.

O Concello da Pobra de Trives anima á cidadanía a participar nesta proposta festiva que seguirá enchendo de ambiente a vila neste outono.

Artigos relacionados

Back to top button