A MezquitaConcellosÚltima hora

Magosto popular na Mezquita o 13 de novembro

 

Con diversas propostas que xiran arredor da castaña celebrarase o vindeiro 13 de novembro o Magosto popular do Concello da Mezquita. Así, a partir das 19:30h. na Casa da Cultura comezará neste municipio a celebración do San Martiño.

O referente principal será unha cea a base de chourizo, panceta, empanada e castañas asadas, cuxa inscrición estará aberta ata o 10 de novembro no Concello (teléfono 988 42 55 41).

Ademais o programa incluirá dous concursos, un deles de cociña e consistente en elaborar un prato (entrante, principal ou sobremesa) a base de castañas. Os participantes poderán optar a tres premios: unha plancha de cociña con raclette, unha cafetera e unha batidora.

Por outra banda, organizarase un concurso de “arrapañacastañas”, no que se medirá cantas castañas poden coller os participantes en tres minutos.

 

Artigos relacionados

Back to top button