Neste 11 de novembro o CEIP Condesa Fenosa do Barco celebraba no patio do colexio un magosto popular coa presencia de toda a comunidade educativa, así coma de ex-alumn@s do centro. A celebración, na que se asaron castañas e chourizos para todos os asistentes, desenvolveuse nun gran ambiente festivo.

Ademais, o alumnado de 6⁰ curso aproveitou para vender diversos produtos artesáns feitos por eles mesmos cara unha vindeira excursión.
Outra actividade feita durante a mañá foi a plantación nas distintas aulas de castañas en bricks. O obxectivo é repoboar algún espazo calcinado polos incendios que asolaron hai poucos meses á nosa comarca.
Fotos: CEIP Condesa Fenosa.




