Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Mailén Aller (Peña Trevinca Barco) fai podio no campionato de orientación celebrado en Extremadura

Era terceira en F14, en distancia media

Eros Álvarez Dacosta. /Foto: Abel Cordillo González.

 

Tres deportistas ourensáns, en representación do Club Peña Trevinca Barco (Mailén Aller Pfirter, Eros Álvarez Dacosta e Pablo Adrián Aller Estévez) desprazábanse a pasada fin de semana ata a localidade de Jerez de los Caballeros, en Extremadura, para disputar a XXVI Copa de los Países Latinos e o Campionato Ibérico Feminino de Orientación a Pé, unha competición celebrada en medio dun forte temporal de chuvia que azoutaba a provincia de Badaxoz.

Así e todo, os orientadores do Peña Trevinca participaban en tres probas logrando bos resultados. Os mellores eran os conseguidos por Mailén en F14: 3º en distancia media, 4º en distancia longa e 7º en sprint. Eros, M21B, pola súa parte era 4º en distancia media, 11º en distancia longa e 6º en sprint. E Pablo, M50, lograba o 33º posto en distancia longa e o 28º en sprint.

 

Mailén Aller Pfirter. /Foto: Alberto Santabarbara.

 

Artigos relacionados

Back to top button