Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Mailén Aller (Peña Trevinca Barco), ganadora da 3º proba da liga Galega de Trail-O

 

Castro de Rei acollía o 3 de setembro a terceira proba da liga Galega de Trail-O (O-Precisión), a disciplina que esixe un coñecemento minucioso da interpretación dos mapas e que consiste en determinar que baliza é a correcta das marcadas no mapa entre unha colección para escoller.

Nesta ocasión os orientadores enfrontáronse a un total de 22 desafíos propostos pola organización da proba, coa dificultade engadida de existir a opción Z, é dicir, que ningunha das balizas propostas sobre o terreo fose a indicada no mapa, un compoñente que aumenta sensiblemente a dificultade da competición e da toma de decisións.

A moza Mailén Aller, do Club Trevinca do Barco, proclamouse vencedora da proba ao facer un total de 21 desafíos correctamente e errando unicamente nun, mostra do excelente coñecemento á hora de interpretar un mapa de orientación.

Os outros representantes de Club Peña Trevinca nesta ocasión, Pablo Aller e Martina Aller, obtiveron os postos 10º e 24º cun total de 19 e 11 acertos respectivamente.

Logo do parón estival a actividade continúa o vindeiro sábado 10 pola tarde na localidade ourensá de Vilanova dos Infantes, con Copa Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button