EconomíaEconomíaEntroido 2023Última hora

Máis de 1.400 persoas asisten á 51ª Festa da Androlla en Viana do Bolo

 

Tralo multitudinario desfile de fulións que percorrían Viana na mañá deste domingo 18 de febreiro, chegaba a hora do xantar. Máis de 1.400 persoas asistían no pavillón polideportivo municipal á 51ª edición da Festa da Androlla, un xantar multitudnario cun menú composto por consomé, androlla, chourizo, lacón, grelos, patacas e cordeiro con leituga, ademais de bica, café, queimada e chupitos.

 

 

Entre os asistentes, acompañando á corporación municipal presidida polo popular Andrés Montesinos, estaban varios alcaldes da bisbarra (de Vilariño de Conso, da Rúa, de Manzaneda, de San Xoán de Río,…) así como o delegado da Xunta en Ourense Gabriel Alén e a xerente do Inorde Emma González, entre outros.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button