En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Máis de 150 persoas participan no VII Gran Premio de Montaña A Rúa

 

Segundo o previsto e cunha boa participación, ás 9:15 horas desta espléndida mañá de domingo arrancaba na praza Enriqueta Casanova a VII edición do Gran Premio de Montaña.

 

 

Cuns 160 inscritos, de diferentes partes de Galicia, nas tres modalidades e o mítico corredor de ultrafondo Fernando Arca na liña de saída, os primeiros eran os corredores do trail cun percorrido de 24 km e +2000m de desnivel aproximadamente por sendeiros, viñas, caminos de carros, entre castiñeiros e miradores das zonas de Vilela, Puente Pérez, San Xulián, a antigua canteira, o Barranco Rubio, Muro, a Fraga del Lobo, Fontei ou a Carrua Fonda.

 

 

Quince minutos despoois saían os participantes na andaina de 17 km e +900 de desnivel; e finalmente facíano os do mini trail de 16 km e +1100 metros de desnivel.

Todos aplaudían aos traballadores de Irosa e Samaca que mantiñan unha pancarta reivindicatica, xusto no punto de saída da proba da Copa Xunta de Galicia da FGM e da Liga de Ourense Trail, puntuable tamén para a UmTb e organizada polo Club Atletismo Rúa.

 

 

Coma sempre, numerosos voluntarios de Protección Civil das agrupacións de A Rúa, Petín e Manzaneza colaboraron coa proba. Unha vez entregados os premios e por primeira vez haberá xantar para todos os participantes no mesmo adro da igrexa de Fontei.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos no seguinte enlace:

O Gran Premio de Montaña da Rúa, en imaxes

Artigos relacionados

Back to top button