Andainas-Trails-OrientaciónDeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Gran Premio de Montaña da Rúa, en imaxes

 

As altas temperaturas, con máis de 30º e un resplandecente sol, marcaban a VII edición do Gran Premio de Montaña organizado polo Club Atletismo Rúa que se celebraba na mañá do domingo 1 de outubro polos montes rueses.

 

 

Cuns 160 inscritos de diferentes partes de Galicia os primeiros en tomar a saída eran os corredores do trail (o máis concorrido en canto e participación) que tiñan por diante un percorrido de 24km e +2000m de desnivel. Quince minutos despois saían os participantes na andaina, un percorrido de 17km e +900 de desnivel; e finalmente facíano os do mini trail, de 16km e +1100 metros de desnivel.

 

 

O vencedor do trail era Federico Losada Conde (Castro Trail), segundo era Yago Abeledo Iglesias (CDM Xesteiras) e terceiro Daniel Pazó Giraldez (Atletismo Baiona). Das féminas, a máis rápida era Alba Rey Penelas (A.D. Jarnachas) seguida por Bea Barroso Pérez (Club Tribu Trail) e Belén Riádigos Cardigonde (GTR- Galaico Trail Run).

 

 

No mini trail, o primeiro posto masculino foi para Alfredo Núñez Velasco (Alto Sil Carracedelo), o segundo para José Manuel Pérez Rodríguez (Running Sport Trail) e o terceiro para Javier Doce Prada. Das mulleres a primeira era Susana Fernández Rodríguez (A Cabra Tira O Monte), a segunda Pam Pérez Rodríguez (Korpore Arenteiro Trail) e a terceira Merce Jiménez Marques (Cueto del Oso).

 

 

Trátase dunha proba da Copa Xunta de Galicia da FGM e da Liga de Ourense Trail, puntuable tamén para a UmTb polo que contou coa presenza da presidenta da Federación Galega de Montañismo Josefina Arestu, encargada de entregar os premios xunto á alcaldesa da Rúa, María González Albert. Trala entrega, os asistentes degustaban unha paella.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Máis información, fotos e vídeos no seguinte enlace:

Máis de 150 persoas participan no VII Gran Premio de Montaña A Rúa

 

 

Artigos relacionados

Back to top button