DeportesNataciónÚltima hora

Máis de 300 nadadores participarán esta fin de semana en Ourense nos campionatos autonómicos absoluto e júnior

Presentación do campionato na Piscina Rosario Dueñas.

 

A piscina municipal Rosario Dueñas (Pavillón dos Remedios) reunirá esta fin de semana en Ourense os máis destacados valores da natación na comunidade, coa disputa do Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior-Xunta de Galicia que reunirá 343 deportistas 189 na categoría masculina e 154 na feminina, pertencentes a 30 equipos diferentes.

O campionato está organizado por Club Natación Pabellón Ourense e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Ourense, o Consello Municipal de Deportes de Ourense, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego e o Inorde.

Comezará hoxe, venres 5 de xullo e continuará o sábado, 6 e o domingo, 7. Nas sesións de mañá disputaranse o Campionato Galego Júnior e as eliminatorias do Campionato Galego Absoluto, e nas sesión de tarde desenvolveranse as finais do Campionato Galego Absoluto.

Con este evento, a Piscina Rosario Dueñas volve a acoller de forma consecutiva un espectáculo deportivo do máis alto nivel, logo de ser escenario durante a fin de semana pasada do Campionato de España de natación artística nas categorías Alevín-Promoción e Infantil de Segunda División.

Artigos relacionados

Back to top button