Charla informativa, saída de campo, xantar gourmet, teatro, exposición de cogomelos e concurso. Son os ingredientes cos que o Club Montaña Trives organizaba a XXI edición das Xornadas Micolóxicas que se desenvolvían entre o 29 e 31 de outubro.
E precisamente a entrega de premios do VI Concurso da Tapa Micolóxica, na que se venderon máis de 5.000 tapas nos tres días, poñía o broche de ouro a unha exitosa fin de semana en torno aos cogomelos.

Con respecto á Mellor Tapa, o primeiro premio foi para o Bodegón, o segundo para Quintela e o terceiro para San Martín.
E con respecto á presentación, era o Quintela quen levaba o primeiro premio, O Bodegón o segundo e Manolos o terceiro.
Fotos cedidas.
Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/cogomelos-xantar-gourmet-e-teatro-nas-xxi-xornadas-micoloxicas-do-club-montana-trives/