En portadaÚltima horaVídeos

Máis de 700 estudantes de Primaria asisten ao concerto didáctico do Conservatorio e Escola de Música do Barco

 

Ao longo da mañá deste martes 25 de abril, un 750 estudantes de Pirmaria dos colexios Divina Pastora, Otero Pedrayo, Condesa de Fenosa e Julio Gurriarán, asisten ao concerto didáctico ofrecido polo Conservatorio Profesional e Escola de Música do Barco, no Teatro Lauro Olmo.

Neste acto, os músicos participantes, entre eles o profesor Manuel Prada, fixeron a presentación dos distintos instrumentos (tuba, saxofón, trombón, trompeta, percusión tradicional e moderna, gaita, piano,…) explicando o seu funcionamento, combinadas con distintas actuacións musicais que eran seguidas polos antentos cativos.

 

 

Dende o Conservatorio Profesional e Escola de Música do Barco agradecen a asistencia dos centros escolares da vila, explicando que fixeron tres pases de aproximadamente unha hora de duración, cun descanso entre cada sesión de media hora, para dar cabida a todo o alumnado convidado. Os primeiros, que aparecen na galería de imaxes eran os do Divina Pastora e Otero Pedrayo.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button