Tralo aviso feito hai unhas semanas, chegaba o momento. Na xornada do sábado 26 de agosto celebrábase en Viana do Bolo a despedida oficial a Luis Fernández Olivares, D. Luis, párroco de localidades como Mourisca ou Pinza, entre outras, que vai ser trasladado a Astorga para ser reitor do Seminario.
Primeiro celebrábase unha “misa de acción de gracias” na igrexa parroquial de Viana e a continuación, tiña lugar a cea no restaurante A Nosa Casa amenizada polo DJ Josito, na que o homenaxeado estivo acompañado por case 120 persoas.
Un bonito xesto que o sacerdote agradeceu coa alegría que o caracteriza, polo que non dubidou en botar algún que outro baile.
Luis Fernández Olivares, delegado Episcopal de Pastoral Xuvenil e profesor no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, vén de participar, xunto a medio cento de peregrinos da Diócese de Astorga, varios deles da zona galega, en concreto do Barco de Valdeorras, A Rúa e Viana do Bolo, na Xornada Mundial da Xuventude 2023 celebrada en Lisboa,
Fotos e vídeos cedidos.