
Este fin domingo 8 de agosto celebrarase en Viana do Bolo IV Regata Provincial de Piragüismo, puntuable para a Copa Deputación 2021, na que están rexistrados 111 deportistas (66 homes e 45 mulleres) de todos os clubs da provincia.
Organizada pola Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI) e o Club Náutico Viana do Bolo coa colaboración do Concello e co patrocinio da Deputación de Ourense e da Secretaria Xeral para o Deporte, disputarase no río Bibei, á altura das piscinas municipais, cun percorrido de 1.000 m para os Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns, 2.000 m para os Infantís e 4.000 m para os Cadetes, todos eles en embarcacións individuais.
A presentación da regata tiña lugar hoxe no Concello de Viana do Bolo. O alcalde, Abelardo Carballo, destacou a importancia deste evento deportivo desde o punto de vista económico, dada a gran afluencia de deportistas, familiares e público que espera visiten este municipio esta fin de semana. Tamén resaltou a “a clara aposta que desde a corporación municipal facemos por fomentar os deportes acuáticos, xa que Viana do Bolo é unha contorna privilexiada que posúe diversas láminas de auga para poder practicar todo tipo de actividades náuticas”.
Pola súa banda os responsables do Club Náutico Viana do Bolo, sinalaron o gran esforzo que están a realizar na organización desta regata, que supón a estrea da actual xunta directiva nestes labores, e que esperan salga todo á perfección.