Galerías de fotosÚltima hora

A Maltería do Barco celebra o seu oitavo aniversario

Na tarde-noite do 19 de maio A Maltería do Barco festexaba dun xeito moi especial o seu oitavo aniversario. Multitude de persoas participaban na celebración deste establecemento de hostalaría barquense, situado na céntrica praza Andrés de Prada. Os asistentes eran agasallados con consumicións e tamén cunha gran cantidade e variedade de pinchos: empanadas diversas, embutidos, canapés… Ademais a partires das dez da noite soaba o ritmo característicos de Los Correctos. O grupo barquense daba un concerto co que se completaba a celebración.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button