Completa e variada, dirixida a un público familiar e infantil, é a programación do Samaín Obarcoaberto que se celebra neste sábado 2 de outubro da man da asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco.


A xornada comezaba pola mañá no pavillón vello do Barco de Valdeorras onde en horario de 11 a 13 horas os cativos (un total de 52 previa inscrición presentando un ticket de compras realizadas nalgún establecemento asociado), participaron en dous obradoiros creativos: un guiado polo equipo de Artesanía Cousanosa para realizar un fermoso castelo; e outro dirixido polo Mundo de Popitas para facer uns orixinais candelabros a partir de copas. A festa inclúe pintacaras, un terrorífico photocall de Samaín, unha suculenta mesa de chuches e ata unha palomitera.

E xa pola tarde terá lugar o esperado túnel do terror para nenos, mozos e adultos instalado na rúa Doutor Pérez Lista, ás 19:30 horas en primeiro pase e 21 horas en segundo pase.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



