DeportesPescaÚltima hora

Mañá de pesca cos nenos en San Clodio, da man do Club Spinning Valdeorras

 

Co obxectivo de transmitir aos máis pequenos a afección por unha pesca responsable e respectuosa co entorno, o club de pesca deportiva Spinning Valdeorras organiza alomenos unha xuntanza especialmente adicada a eles na tempada.

Unha delas tiña lugar na mañá deste domingo 14 de maio na praia fuvial de San Clodio, no concello lucense de Ribas de Sil. Alí, entre as dez e as doce un grupo de cativos do club desfrutaron da pesca nas tranquilas e transparentes augas do río Sil, acompañados polos seus pais.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button