ConcellosO BarcoÚltima hora

Mañá de xogos e catas no SilFest Valdeorras 2022

Publicidade

 

Chega o día grande do SilFest Valdeorras. O prato forte do festival, León Benavente, actuará de noite, en torno ás 22:30 horas, pero este sábado 23 de xullo volverá estar cheo de música e outras actividades que xa se foron sucedendo ao longo da mañá.

Coa apertura de portas ás 11 horas, mentres os máis pequenos xogaban no espazo Mini SilFest (ao xogo da rá, á pesca en botella, a pintar, ao tiracroios,…), os maiores asistían a unha cata no Espazo Florencio. Conducida pola enóloga valdeorresa Cecilia Fernández, os asistentes degustaban catro viños de diferentes puntos da comarca, entre eles un espumoso, xogando a descubrir que viño encaixaría mellor con cada un dos frupos que actúan nesta edición do festival.

Ademais dos xogos tradicionais e dos obradoiros, os nenos tamén tiveron a súa propia cata dirixida por Mercedes González, entre aromas e sabores.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button