En portadaÚltima hora

Mañá venres reabrirase ao tráfico a N-120 nos Peares cun carril de paso alternativo

Publicidade

 

A partir de mañá venres 29 de novembro o Ministerio de Fomento habilitará na N-120 un carril de paso alternatvo de vehículos á altura do punto quilométrico 563,100 (Velle, T.M. de Ourense), “o que permitirá reabrir ao tráfico o tramo desta estrada entre Ourense e Os Peares”, segundo se informa dende este organismo.

Este tramo pecharase ao tráfico por motivos de seguridade despois dos desprendementos do talud da marxe esquerda do pasado 8 de novembro, causados polos temporais de chuvia. “Dende entón tense traballado de forma continua nos labores de limpeza, saneo e estabilización do citado talud. Os traballos de estabilización do talud continuarán ata pode reabrir os dous sentidos de circulación á altura do p.k. 563,100”, asegura Fomento. Coa reapertura deste carril deixarán de estar implantandos os desvíos que se tiñan habilitado.

Artigos relacionados

Back to top button