SanidadeÚltima hora

Manifestación en Verín en defensa da sanidade pública

Está convocada Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei e partirá do Hospital de Verín a partires das 18:30h 24 de marzo

“Non somos números, somos persoas”. É o lema escollido pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei para a manifestación que vén de convocar e que se celebrará o 24 de marzo en Verín. O seu percorrido partirá dende o Hospital de Verín ás 18:30h. As persoas asistentes farán unha ringleira ata a praza Maior da vila “para simular as nosas esperas”, segundo os convocantes.

O goberno municipal de Verín vén de anunciar a través dun comunicado que se suma a esta manifestación. Deste modo quere amosar “o seu total respaldo á denuncia das políticas de recorte da Xunta nesta materia, xa que cremos que están directamente relacionadas co deterioro que está a experimentar o sistema sanitario público”, e o seu firme compromiso “co mantemento e mellora de todos os apartados asistenciais na comarca, así como coa defensa dun modelo de Sanidade de xestión Pública ao 100% e de carácter universal”.

Desde o grupo de goberno recalcan tamén que, “a calidade e as prestacións da sanidade en Verín están en franco retroceso, e, por tanto, é fundamental facer un chamamento público para que todos os veciños e veciñas acudan á manifestación convocada este sábado 24 de marzo en Verín”.

Artigos relacionados

Back to top button