
Dende o Centro de Saúde da Rúa partirá a manifestación convocada para o vindeiro sábado 1 de febreiro ás catro e media da tarde para reivindicar un novo Centro de Saúde neste municipio. Trátase ademais dun acto “en defensa da sanidade pública en Valdeorras”, segundo os convocantes.
Esta manifestación percorrerá a rúa principal desta vila ata chegar a praza do Concello, onde se prevé dar lectura a un manifesto.
One Comment