Monográfico Moda 2011Monográficos

Mantendo o nivel

Vidrio estréase na XVII Pontus Veteris celebrada en Pontevedra a mediados de maio
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Despois de máis de trece anos, Pontus Veteris, a pasarela de moda de referencia na comunidade galega, estivo a piques de non celebrarse. As dificultades económicas están facendo mella en tódolos sectores e o da moda estáo experimentado de forma moi especial.

De feito a búsqueda de patrocinadores facía que a XVII edición da pasarela se celebrase con case un mes de retraso con respecto a outros anos, presentando como novidades a baixa da firma viguesa Siempreesviernes e a incorporación da ourensá Vidrio.

Unha vez superadas as dificultades e loitando para que non desapareza un avento consolidado dentro do panorama téxtil galego, o recinto feiral da cidade do Lérez achegábase a un outono/inverno 2011/2012 para variar de inspiración ao vestir, pasando un día do sofisticado glamour de Hollywood en branco e negro aos looks folk ou de tendencia militar para as mulleres, así como as chaquetas clásicas con coderas e un aspecto intelectual para os homes.

Esas son algunhas das propostas que presentaron as firmas galegas Florentino, Araújo Piel, Vidrio, Olga Santoni e Miguel de Luna. Elas foron as protagonistas da última edidión do desfile organizado pola Cámara de Comercio pontevedresa.

O seu presidente Francisco Moldes foi o anfitrión dun evento que contou con dous convidados de excepción: o ciclista Óscar Pereiro (natural de Mos), que foi o primeiro en pisar a pasarela vestido de Florentino, e a modelo sevillana María José Suárez que pechou cada un dos desfiles das firmas femininas.

Nesta ocasión, a cidade foi o tema central dunha pasarela que permite aos deseñadores, amosar as coleccións que sairán á venda nuns meses. Tanto Florentino como Araújo Piel, apostaron pola sofisticación, Vidrio by Trinidad Vidueira pola inspiración barroca, Olga Santoni polo volume e o movemento e Miguel de Luna por Susana Rodríguez polo folk con aires militares.

Unha performance a cargo dun “anxo futurista” que ía cambiando de postura con cada pase, foi o fío condutor do defile que se caracterizou pola variedade e que unha vez máis era presentado por Mon Santiso, incondicional da cita.

Texto: Mónica G. Bellver/Pontevedra Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Especial Moda Verán 2011 de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button