A RúaConcellosÚltima hora

Mantéñense as restricións de auga na Rúa

Así o vén de comunicar o Concello a través dun bando informativo

Vista parcial da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Rúa acaba de emitir un bando para informar de que se manteñen as restricións de auga, que se iniciaban na pasada semana por mor dun gromo de gastroenterite nesta zona. “Atendendo aos resultados das analíticas realizadas na xornada do luns, e ante a disparidade de resultados entre as mostras tomadas pola Consellería de Sanidade e o propio Concello temos que proceder a un novo procedemento e hipercloración do depósito da Artística e a rede vinculada a el, que provocará un importante aumento dos niveis de cloro en billa entre a xornada do venres e o martes (día 18 de xullo) da próxima semana, polo que se manteñen até novo aviso as restricións ao consumo humano en vigor até o día de hoxe”, segundo sinala a alcaldesa da Rúa, María González Albert.

Así mesmo, a rexedora sinala que “dende este momento e até o levantamento definitivo das restricións, quen así o desexe pode recoller auga para consumo en dous lugares: fonte pública situada no Campo de San Roque e fonte pública situada na rúa San Roque esquina coa rúa Fondareas”.

Artigos relacionados

Back to top button