CulturaCulturaÚltima hora

Mar Caldas expón na sala Alterarte, no marco do Outono Fotográfico

O Campus Universitario de Ourense acolle dende hoxe, unha compilación de imaxes que percorre a súa obra dende a década dos 90
Unha das imaxes da exposición de Mar Caldas.
Curativo (serie La Entrega).

Dende hoxe, xoves 17 de novembro e ata xaneiro de 2017, poderá visitarse na sala Alterarte do Campus Universitario de Ourense, a exposición “Imaxes, xestos, voces”, unha compilación de imaxes de Mar Caldas que percorren a súa obra dende a década dos anos 90. Tratase dunha das mostras que configura o ciclo expositivo do festival Outono Fotográfico que suma unha visión contemporánea ás que xa están abertas no Campus.

Tal como adiantan dende o festival, Caldas leva moitos anos percorrendo a reivindicación feminista dende os ámbitos da teoría e a prática artística, e agora achega ao Outono Fotográfico unha mostra de diferentes traballos fotográficos e videográficos de distintas épocas da súa carreira, moitas das cales “non foran nunca expostas, ou só dun xeito parcial e/ou abocetado, explican dende o OF. Na mostra pode verse unha transición dende un feminismo máis clásico cara unha postura máis contemporánea, “onde fala do corpo e da sexualidade cuns autorretratos cun corpo rotundo cuxo sexo abundante nos olla sen complexos, mais paradóxicamente, consegue ser un corpo desvelado que se vela no intre seguinte, un corpo que se ofrece e decontado resgárdase sobre si”, din dende o festival. Noutras obras fala de animalismo, ataca directamente ao machismo, ou mantén unha actitude activa e hostil para protexer a feminidade.

Artigos relacionados

Back to top button