ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Mar felicita á empresa pulpeira carballiñesa distinguida cun premio europeo

Rosa Quintana visita as instalacións de Frigoríficos Arcos, onde elaboran os produtos recoñecidos polo Instituto do Sabor e da Calidade

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou na mañá de onte no Carballiño a empresa Frigoríficos Arcos, adicada á cocción do pulpo ao vapor e á súa comercialización ao baleiro. Alí felicitou á empresa polo recoñecemento que lle concedeu o Instituto Internacional do Sabor e da Calidade, unha recompensa, segundo sinalou, a tanto esforzo e a un traballo “que sabe conxungar moi ben a tradición e a innovación”.

A titular do departamento autonómico resaltou que o galardón pon tamén en valor o “bo saber facer do Carballiño e de Galicia en relación á gasronomía deste cefalópodo e grazas a el Frigoríficos Arcos leva o nome do Carballiño e de Galicia polo mundo”.

A firma recibiu máis de 525.000 euros ao abeiro das axudas para a mellora da transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca para a construción e adecuación da nave de proceso de pulpo.

Artigos relacionados

Back to top button