DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Maratón de escalada no Canón do Sil

A terceira edición desta proba, celebrada en outubro, era promovida polo Club Alpino Ourensán

Deporte e paisaxe fundíanse no III Maratón de Escalada “Canón do Sil” o 12 de setembro. Nesta edición, que se desputaba na escola de escalada “Canóns do Sil” (Nogueira de Ramuín), participaban 11 cordadas de diferentes puntos de Galicia.

Cada equipo escalaba varias vías (camiños na vertical) en función das súas condicións físicas e estratexia a seguir durante un tempo máximo de 12 horas, sendo o vencedor o de Manuel Veiga e Xosé Otero con 50 vías e 316,25 puntos. En segundo lugar situábase a cordada de Ernesto Fernández e Miguel Díaz (42 vías e 305,6 puntos) e no terceiro a de Roberto Piteira e David González (30 vías e 222,22 puntos).

Ademais destacaba o escalador Miguel Feijóo por ser o que realizou a vía de maior dificultade. Este maratón, considerado unha referencia para escaladores galegos e portugueses, vén de ser organizado polo Club Alpino Ourensán coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e da Deputación de Ourense.

Fotos: Club Alpino Ourensán

Artigos relacionados

Back to top button