Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Marea morada de solidariedade na Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas

Unhas 1.068 persoas participaban nesta cita solidaria, a maior parte delas nas duas andainas

 

Exitosa volta á presencialidade da V Andaina e Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín que se poñía en marcha esta mañá de 27 de novembro dende o pavillón polideportivo con varias saídas en función da modalidade deportiva: ás 10 horas dende O Bañadoiro saía a andaina longa (16 km); ás 10:30 horas a carreira (16 km), incluída dentro do calendario da Federación Galega de Atletismo; e ás 11 horas a andaina curta (7 km).

 

 

Un total de 1.068 persoas participaban nestas probas, das que 68 eran corredores. Ademais rexistrábanse 93 participantes na versión virtual, que se mantiña nesta edición.

 

 

Ao remate, no mesmo lugar de saída ofrecíase bebida e petiscos para os participantes así como unha sesión divulgativa.

O importe íntegro das inscricións de acordo á filosofía da Carreiras das Cidades será doado á Asociación ACANPAN (Asociación Cancro de Páncreas) para destinalo ao financiamento das bolsas Carmen Delgado/Miguel Pérez-Mateo convocadas con periodicidade anual por ACAPAN e AESPANC para o desenvolvemento de estudos relacionados coa investigación no diagnóstico e no tratamento do adenocarcinoma de páncreas.

 

 

Esta iniciativa solidaria está promovida por ACAPAVAL (Asociación Valdeorresa de Cancro de Páncreas) e as súas organizadoras son Eva, Belén e Patricia. A organización contaba coa colaboración de varias agrupacións de Protección Civil, entre elas as de Vilamartín, A Rúa, O Bolo e Petín.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella

Máis información e fotos:
https://osil.info/os-barquenses-raul-delgado-e-pacho-garcia-1o-e-2o-na-v-carreira-contra-o-cancro-de-pancreas-de-vilamartin/

https://osil.info/a-andaina-curta-contra-o-cancro-de-pancreas-en-vilamartin-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button