Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaÚltima hora

Os barquenses Raúl Delgado e Pacho García, 1º e 2º na V Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín

 

Tras dous anos de celebración unicamente virtual, a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín volvía a tomar a saída dende o pavillón polideportivo. Nesta quinta edición na proba de carreira tomaban a saída 68 corredores ás 10:30h. deste domingo. O traxecto da proba, que se desenvolvía polo municipio de Vilamartín era de 16 km.

A meta estaba situada no mesmo pavillón e o primeiro en cruzala era o atleta Raúl Delgado Cereijo de Éntoma (O Barco), en segunda posición quedaba José Manuel García “Pacho” do Adas Cupa do Barco e na terceira Charly Fernández Méndez de Sarria.

 

 

Moito máis multitudinarias eran as andainas. En total nesta V Andaina e Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín participaban un milleiro de persoas.

Máis información e fotos:
https://osil.info/marea-morada-de-solidariedade-na-v-carreira-das-cidades-contra-o-cancro-de-pancreas/

https://osil.info/a-andaina-curta-contra-o-cancro-de-pancreas-en-vilamartin-en-imaxes/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button