
No Pizarras Tres Cuñados FS non poden estar máis contentos coa súa base, con moitos xogadores convocados polas respectivas seleccións ourensáns aos adestramentos preparatorios para o Campionato Galego de Seleccións Comarcais que se celebrará o 8 de decembro, con sede aínda por decidir.

Primeiro foron catro alevíns, despois catro infantís e agora dous benxamíns. Na tarde do martes 24 de novembro, Rubén Silva Merencio e Denis Daniel Coprean poñíanse ás ordes de Javier D. Yebra para participar coa Selección Ourensá de Fútbol Sala Benxamín, no adestramento que tiña lugar no Pavillón de Coles.

“Os dous nenos están xa competindo en categoría alevín polo que teñen moito avanzado”, aseguran dende o club, recoñecendo que levan moitos anos con eles nas escolas. “Algúns volverannos convocar e a outros non, pero estamos moi satisfeitos do traballo dos nenos e dos monitores”, din.

Fotos cedidas.